Los mismos con las mismas artimañas GALIMATÍAS DRAMÁTICO
 

 


   


 

 

UN XESUITA (predicándolle ós chinos).- Repítovolo, hirmáns meus, o noso siñor quer facer de todos vos vasos de elección; de vos só depende que seades vasos. Hevos bastante creer agora mismo canto eu vos dixen; sodes os amos do voso esprito, do voso cor, dos vosos pensamentos, dos vosos sentimentos. Cristo morreu por todolos homes i a todos lles foi concedida a gracia. Si non tendes a contricción, tendes a atricción, e no caso de que tamén ésta vos falte, tendes as vosas propias forzas i-as miñas

 

UN XANSENISTA (que chega de súpeto) .-Estás mentindo, fillo de Escobar e de perdición. Predicas a esta probe xente o erro i a mentira.  Non, Xesús non morreu por todolos homes, senon só por algúns; a gracia foi dada somentes a uns poucos; a atricción é unha pavada; as forzas dos chinos son nulas  e as túas oracións son blasfemias porque Agustín e Pablo ...

 

O XESUITA .- ¡Cala, herético! ¡Largo deiquí, nemigo de San Pedro! Hirmáns meus, non dedes oídos ás palabras deste innovador, que cita a Agustín e Pablo, e vinde conmigo a que vos bautice.

 

O XANSENISTA.- ¡Gardádevos ben, hirmáns meus! ¡Non vos deixedes bautizar por un molinista, porque condenaríadevos eternamente! Eu bautizareivos dentro dun ano, tempo indispensable para enseñarvos que é a gloria.

 

O CUÁQUERO.- ¡Por caridá, hirmáns meus, non vos deixedes bautizar, nin pola pata  deste zorro, nin pola garra deste trigue! É preferible mil veces seguir sen bautismo. Así facémolo nos. O bautismo pode ser un ben, pero tamén pode o home pasar moi ben sin él. O que verdadeiramente importa é estar animado polo esprito. Esperádeo, que non deixará de vir, i en canto chegue saberedes vos máis nun intre que canto vos poidan expricar en toda a súa vida estos  chalados.

 

O ANGLICANO. -  ¡Desventuradas ovellas, fuxide destes tres monstruos que tratan de devorarvos!  Sabede que a Eiresa anglicana é a úneca Eiresa pura. Non volo ensiñaron ben os capelláns anglicanos  que viñeron bebere punch a Cantón?

 

O XESUITA. – Os anglicanos son desertores, renunciaron ó noso Papa i o Papa é infalible

 

O LUTERANO. – O voso papa é un infeliz, como volo demostrou Lutero. Hirmáns chinos, non fagades caso do Papa, nin dos anglicanos, nin dos molinistas, nin dos xansenistas, nin dos cuáqueros. Creede tan só os luteranos. Non pronunciades máis que estas palabras: In cum, sub ... O resto é pura bagatela. (bisutería)

                                                                                                                                                                  

O PURITANO. – Lamentamos , queridos hirmáns, a cegueira de todos estos homes i a vosa. Pero , por fortuna, o Eterno dispuso que veña eu a Pekín no intre preciso para confundir a todos estes barallos

 

O MUSULMÁN. - ¡Basta de discursos! Si estes cans seguen a ladrar, córtolle as ourellas. Do seu prepucio non se me da unha figa. A vos, queridos chinos, sí que penso circuncidarvos. Douvos oito días para que vos preparedes, e se pasado ese tempo  hai algún que se astreva a beber viño, xa verá o que lle pasa.

 

CORO. - ¡Xa verá o que lle pasa! ¡Xa verá o que lle pasa!

 

O XUDIO . – Meus queridos fillos, se vos decidides a circuncidarvos, dádeme a preferencia. Eu hen deixar que bebades todo o viño que vos apeteza, pero como algún se astreva a comer coello, que é un animal inmundo , hen matalo en canto sexa bastante poderoso

 

CORO. – ¡EN CANTO SEXA BASTANTE PODEROSO.!

 

OS CHINOS. - ¡Por Confucio e os cinco Kings, que toda esta xente perdeu a chaveta! ¡Ti, verdugo, lévaos a todos ó manicomio e péchaos en celdas ben separadas!

 

 

        Vai o verdugo cunha corda para atar a todolos santóns. Sona múseca de cabaret. Iníciase  movemento de baile dos actores no esceario e escomenza o strip –tease, que os deixa a todos en pelota picada, entre penumbras. Nas que un derradeiro destello os fai aparecer a todos cagando.